Sunday 12 de May de 2024

O Concello investirá 385.000 euros na Escola infantil dos Regos, ante a inacción da Xunta


Debido ao abandono e desatención por parte da Xunta da Escola Infantil A Pardela, o Concello vai realizar unha obra de restauración completa do centro para mellorar as condicións de uso do recinto. A escola, que forma parte da rede A Galiña Azul, presenta evidentes desperfectos que serán subsanados no seu conxunto –cuberta, fachadas, paredes interiores, pavimento, fiestras, sistema calefactor…-.

O investimento municipal nesta actuación será de 385.000 euros. Malia ser unha competencia autonómica, o Concello tamén ten que pagar anualmente o 30% dos gastos de funcionamento da escola.

O edificio, igual que todas as escolas infantís de Oleiros, foi construído polo Concello no 1993. Ten 675 metros cadrados distribuídos nun espazo multifuncional e tres aulas.